Sustentabilidade, Internacionalización e Inclusión

Programa Espazo Compartido

Espazo compartido

Acto de clausura do Programa Espazo Compartido

Espazo Compartido é un programa universitario de formación en habilidades persoais, sociais e competencias básicas orientado á mellora da empregabilidade e ao fomento da inclusión laboral de mozas con discapacidade cognitiva. Trátase dun proxecto que nace coa pretensión de abrir o espazo universitario a colectivos que non poden acceder a el polas canles ordinarias, debido ás barreiras de acceso á educación superior. Fomenta, xa que logo, a inclusión de todos os participantes e das súas familias na comunidade universitaria.

Así mesmo, Espazo Compartido é unha aposta decidida pola responsabilidade social universitaria e unha mostra do compromiso da Universidade da Coruña coa sociedade e co dereito a unha formación digna dun colectivo en risco de exclusión social. Trátase dunha iniciativa pioneira dentro do sistema universitario autonómico e dos primeiros a nivel nacional.

O equipo docente responsable do programa formativo está conformado por profesionais con experiencia contrastada no ámbito da atención a persoas con discapacidade e atención á diversidade. O programa conta ademais coa colaboración de técnicos especialistas en atención á diversidade.

Espazo Compartido conta co patrocinio de Banco Santander, a través da División Global Santander Universidades, da Fundación Universia, e da Fundación ONCE.

Espazo 2.0