Esther Trujillo ofrecerá a conferencia inaugural da quinta edición do CERIS

O salón de graos da Facultade de Economía e Empresa acollerá, o xoves 11 de febreiro de 2016 ás 13.00 horas, o acto de apertura da quinta edición do Curso de Especialización en Responsabilidade e Innovación Social (CERIS) coa primeira conferencia do Ciclo ‘En Código Abierto’ da Cátedra Inditex-UDC de RS.

O acto contará coa participación de Esther Trujillo, profesional independente experta en ética, estratexia de comunicación e relacións organizacionais, especializada en responsabilidade corporativa en Harvard Business School e ESADE-Stanford.

Os interesados en asistir deberán remitir un correo electrónico ó enderezo secretaria.csocial@udc.es confirmando a súa asistencia antes do venres 5 de febreiro. Ao finalizar o acto, entregarase un certificado aos asistentes previamente inscritos.

O currículo completo da poñente pode consultarse aquí.

Para ver a nota de prensa remitida aos medios de comunicación pulse aquí.

 

Comparte este artículo