O Consello Social da Universidade da Coruña aposta pola formación en competencias profesionais como eixo fundamental da docencia universitaria. A formación de universitarios capaces de enfrontarse aos retos do noso tempo esixe que a Universidade avance na construción dun modelo de ensino-aprendizaxe baseado na transmisión de competencias profesionais, indispensables para lograr o pleno desenvolvemento profesional e vital.
Para contribuír á consecución deste obxectivo, o Consello Social da Universidade da Coruña promove accións de formación e investigación aplicada, de entre os que destaca a serie de estudos de competencias profesionais dos titulados da UDC, desenvolvida grazas aos labores de dirección e coordinación do Observatorio Ocupacional da Universidade da Coruña.
O principal obxectivo destes estudos é fomentar a reflexión ao redor da adecuación da formación en competencias que reciben os titulados da Universidade da Coruña ás necesidades da sociedade. Preténdese, en última instancia, contribuír ao deseño do perfil de competencias profesionais que poderían tomar como referencia os programas universitarios de formación universitaria, regrada e permanente.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten funcionalidades básicas e características de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.
As cookies que poden non ser particularmente necesarias para que o sitio web funcione e utilízanse especificamente para recompilar datos persoais do usuario a través de análise, anuncios e outros contidos incrustados denomínanse cookies non necesarias. É obrigatorio obter o consentimento do usuario antes de executar estas cookies no seu sitio web.