O Consello Social publica a súa Memoria Anual 2025

O Consello Social publica a súa Memoria Anual 2025

O Pleno do Consello Social da Universidade da Coruña, reunido o 30 de xullo, aprobou a Memoria correspondente ao exercicio 2025. O documento recolle a actividade institucional desenvolvida durante o ano, os principais acordos adoptados e as actuacións impulsadas para fortalecer a relación entre a Universidade e a sociedade.

A publicación inclúe a carta do presidente, Antonio Abril Abadín, na que analiza os desafíos afrontados pola UDC durante un exercicio especialmente complexo e salienta a importancia da transparencia, da rendición de contas, do bo goberno e da solidez institucional.

A Memoria ofrece, ademais, un percorrido polas iniciativas promovidas en ámbitos como o emprendemento, a transferencia de coñecemento, a sustentabilidade, a inclusión, a divulgación e a cooperación co tecido económico e social. Tamén incorpora información sobre a composición e o funcionamento do Consello Social, a súa actividade plenaria e as súas principais liñas de actuación.

A carta do presidente pode consultarse esta ligazón.

A Memoria Anual 2025 completa está dispoñible nesta ligazón.

Comparte este artículo

Arquivos