O Consello Social da UDC participa no diálogo para reforzar o papel dos Consellos Sociais das universidades galegas

O Consello Social da UDC participa no diálogo para reforzar o papel dos Consellos Sociais das universidades galegas

O presidente do Consello Social da UDC, Antonio Abril Abadín, participou, xunto coa presidenta do Consello Social da USC, Cecilia Sierra, e o presidente da UVigo, Ernesto Pedrosa, nunha reunión co conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, para abordar posibles medidas destinadas a reforzar a capacidade de actuación dos Consellos Sociais das universidades galegas.

Ábrese así un proceso de diálogo orientado a estudar novos recursos e ferramentas que permitan aos Consellos Sociais desenvolver con maiores garantías as funcións que teñen encomendadas en ámbitos como a supervisión, a rendición de contas, a transparencia e a conexión entre universidade e sociedade.

Antonio Abril valorou moi positivamente a apertura desta reflexión e subliñou o máximo compromiso do órgano que preside para colaborar coa Consellería e avanzar cara a uns Consellos Sociais galegos con medios e capacidades acordes coas responsabilidades que lles atribúe a normativa.

Durante o encontro, no que participou tamén o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, o presidente do Consello Social da UDC trasladou á Consellería de Educación documentación e propostas elaboradas no marco da Conferencia de Consellos Sociais das Universidades Españolas sobre o fortalecemento das súas funcións de supervisión e control.

 

Máis información:

Xunta de Galicia A Xunta estuda cos Consellos Sociais das universidades novas medidas para reforzar o seu traballo – Xunta de Galicia

Diario de Santiago Educación estudia con los Consejos Sociales nuevas medidas para reforzar su papel en las universidades – Diario de Santiago. Noticias de Santiago de Compostela y Galicia.

Galicia Press La Xunta estudia con los consejos sociales de las universidades nuevas medidas para reforzar su trabajo

Galicia Confidencial Educación inicia cos Consellos Sociais o debate sobre o novo financiamento universitario para 2028-2032

Comparte este artículo

Arquivos