Inauguración da edición das xornadas de Finanzas para Mortales celebradas en 2019.
Finanzas para Mortales é un proxecto de educación financeira impulsado, no ámbito da Universidade da Coruña, polo Consello Social da UDC e a Fundación UCEIF, a través de Santander Financial Institute (SANFI). Este proxecto conta, ademais, co apoio e mecenado de Banco Santander, cuxos profesionais imparten a formación de Finanzas para Mortais de maneira voluntaria en toda España.
O obxectivo deste programa é mellorar o coñecemento do mundo económico e financeiro tanto do colectivo universitario como, en xeral, da sociedade, a través de información, educación e asesoramento. Trátase de facilitar o desenvolvemento das habilidades necesarias para adquirir unha maior conciencia dos riscos e oportunidades financeiras, e posibilitar así a toma de decisións informadas.
No ano 2018 o Banco de España e a Comisión Nacional de Mercados de Valores (CNMV) galardoaron Finanzas para Mortales como o mellor programa de educación financeira de España e outorgáronlle o premio Finanzas para Todos.
Durante todos estes anos, o programa impartiu 4.596 sesións presenciais por toda España, chegando a un total de 38.168 beneficiarios grazas ao labor de 793 formadores voluntarios. A data de hoxe, Finanzas para Mortais, impartiu 2.272 sesións en colexios e 695 en FP, chegando a 19.800 e 4.950 participantes respectivamente.
O web oficial do programa, www.finanzasparamortales.es, recibiu máis dun millón de visitas e o programa ten máis de 40.000 seguidores nas redes sociais.
Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros, para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo. Pode revisar a nosa política de cookies en calquera momento.Saber máis
Este sitio web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia mentres navega polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican segundo sexa necesario almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén utilizamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como utiliza este sitio web. Estas cookies almacenaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a exclusión voluntaria dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.