Gran acogida de la jornada sobre discapacidad e inclusión

Gran acogida de la jornada sobre discapacidad e inclusión

El Consello Social de la Universidade da Coruña (UDC) cerró la jornada del 21 de abril con gran éxito de afluencia al programa “Retos y tendencias sobre discapacidad e inclusión en el ámbito Universidad-Empresa”. La jornada, que tuvo lugar en la sede de Afundación en A Coruña, tuvo el objetivo de poner de manifiesto la integración como una pieza clave para el desarrollo laboral de las personas con discapacidad.

El presidente del Consello Social de la UDC, Antonio Abril Abadín, abrió el programa con el convencimiento de que “lo que puede transformar el mundo es la educación”, además de hacer una apuesta decidida por la inclusión: “Todos tenemos alguna discapacidad. Pensar que es un tema que afecta solo a las familias y no a todos, ya es una discapacidad”.

El programa de conferencias también contó con la intervención del rector de la Universidade da Coruña, Julio Abalde Alonso, que destacó la importancia de fomentar una “interacción Universidad-Empresa” para la inclusión laboral de las personas con discapacidad: “Desde la UDC estamos orgullosos de iniciativas como Espazo Compartido y de tener un Vicerrectorado específico para estos temas. Son actividades que necesitan financiación añadida y en la UDC estamos trabajando para lograr cada vez má s recursos”.

Uno de los puntos fuertes de la jornada fue el relatorio “Descubriendo talento desde miradas diferentes”, a cargo de Mara Dierssen, prestigiosa científica en el ámbito de la Neurociencia e investigadora del Centro de Regulación Genómica de Barcelona. “Aún no se ha alcanzado un acceso significativo al empleo público por parte de las personas con discapacidad. La realidad no es la legalidad”, recordó. La científica piensa que la sociedad todavía “no está convencida de por qué tenemos que integrar a estas personas”, pese al valor de la diversidad. “Es necesario incorporar perspectivas diferentes y grupos heterogéneos, porque la diversidad de miradas es lo que produce excelencia, subrayó.

El acto también contó con dos mesas de debate en las que participaron Antonio-Luis Martínez-Pujalte, director de la Cátedra de Discapacidad y Empleabilidad Tempe-APSA; Araceli Torres Miño, vicerrectora del Campus de Ferrol y de Responsabilidad Social de la UDC; Francesc Sistach, director general de Specialisterne; Enrique Silvestre Catalán, gerente del Instituto Nacional de Administración Pública; Francisco Botía Robles, director general de Ilunion Capital Humano; y Ramón Capdevila Pagès, director general de Fundación Universia. En sus intervenciones, se puso de manifiesto la importancia de experiencias de integración de personas con discapacidad en el entorno laboral, como Espazo Compartido, Tempe-Apsa o Specialisterne.

Los relatores recordaron que en España hay cerca de 21.000 estudiantes universitarios con discapacidad, pero la integración laboral aún es un reto pendiente, puesto que solo accede al mercado de trabajo uno de cada cuatro. La crisis también afectó especialmente a este colectivo, ya que en los últimos años se ha incrementado un 217 % el número de personas con discapacidad en situación de desempleo.

Comparte este artículo

Archivos

Grande acollida da xornada sobre discapacidade e inclusión

O Consello Social da Universidade da Coruña (UDC) pechou a xornada do 21 de abril con grande éxito de afluencia o programa “Retos e Tendencias no eido Universidade-Empresa sobre Discapacidade e Inclusión”. A xornada, que tivo lugar na sede de Afundación na Coruña, cumpría o obxectivo de poñer de manifesto a integración como unha peza clave para o desenvolvemento laboral das persoas con discapacidade.

O presidente do Consello Social da UDC, Antonio Abril Abadín, abriu o programa co convencemento de que “o que pode transformar o mundo é a educación”, ademais de facer unha aposta decidida pola inclusión: “Todos temos algunha discapacidade. Pensar que é un tema que afecta só ás familias e non a todos, xa é unha discapacidade”.

O programa de conferencias tamén contou coa intervención do reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, que destacou a importancia de fomentar unha “interacción Universidade-Empresa” para a inclusión laboral das persoas con discapacidade: “Dende a UDC estamos orgullosos de iniciativas como Espazo Compartido e de ter unha Vicerreitoría específica para estes temas. Son actividades que precisan financiamento engadido e na UDC estamos traballando para acadar cada vez máis recursos”.

Un dos puntos fortes da xornada foi o relatorio “O talento desde persoas con miradas diferentes”, de Mara Dierssen, prestixiosa científica no eido da neurociencia e investigadora do Centro de Regulación Xenómica. “Aínda non se acadou un acceso significativo ao emprego público por parte das persoas con discapacidade. A realidade non é a legalidade”, lembrou Dierssen. A científica pensa que a sociedade aínda “non está convencida de por que temos que integrar a estas persoas”, a pesar do valor da diversidade: “É necesario incorporar perspectivas diferentes e grupos heteroxéneos, porque a diversidade de miradas é o que produce a excelencia”.

O acto tamén contou con dúas mesas de debate nas que participaron Antonio-Luis Martínez-Pujalte, director da Cátedra de Discapacidade e Empregabilidade Tempe-APSA; Araceli Torres Miño, vicerreitora do campus de Ferrol e de Responsabilidade Social da UDC; Francesc Sistach Vallvé, director xeral de Specialisterne; Enrique Silvestre, xerente do Instituto Nacional da Administración Pública; Francisco Botia, director xeral de Ilunion Capital Humano; e Ramón Capdevila Pagès, director xeral de Fundación Universia. Nas súas intervencións púxose de manifesto a importancia de experiencias de integración de persoas con discapacidade no contorno laboral, como Espazo Compartido, Tempe-APSA ou Specialisterne.

Os relatores lembraron que en España hai preto de 21.000 estudantes universitarios con discapacidade, pero a integración laboral aínda é un reto pendente, posto que só accede ao mercado de traballo un de cada catro. A crise tamén afectou especialmente a este colectivo, xa que nos últimos anos se incrementou un 217 por cento a porcentaxe de persoas con discapacidade en situación de desemprego.

 

 

Comparte este artículo