Incentivos fiscais ao mecenado e á investigación na Universidade

Incentivos fiscais ao mecenado e á investigación na Universidade

O Presidente do Consello Social da Universidade da Coruña e da Conferencia de Consellos Sociais de Universidades Españolas, Antonio Abril Abadín, vén de publicar unha nova entrada no seu blog, ‘Universidad y Sociedad’,  con motivo da presentación do libro ‘Incentivos fiscales al mecenazgo y a la investigación en la Universidad’, cuxo prólogo é da súa autoría.

Os consellos sociais, os equipos de dirección das universidades, as fundacións universitarias e as asociacións de amigos e antigos alumnos da Universidade veñen impulsando iniciativas diversas para promover o mecenado universitario. As accións máis frecuentes que se fan ao respecto son a realización de xestións directas para a captación de patrocinadores e doantes, o estímulo á elaboración de plans específicos de mecenado no seo das universidades, a creación de unidades especializadas para a captación de recursos externos, a organización de xornadas destinadas a analizar e debater o potencial deste tipo de financiamento ou a concesión de premios ao mecenado empresarial para recoñecer publicamente este labor desinteresado.

Ler o prólogo completo aquí.

Comparte este artículo

Arquivos