Innovación na Administración pública

Innovación na Administración pública

Os días 9 e 10 de outubro terá lugar na Coruña o encontro “Innovación na Administración pública”, organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), coa colaboración do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Deputación da Coruña.

O director deste curso é Manuel Arenilla Sáez, catedrático de Ciencia Política e da Administración e director do Instituto Nacional de Administración Pública (INAP), quen colaborou co Consello Social da UDC en diversas ocasións. Arenilla é o autor e o director de “A reforma da universidade española” (2012), publicado polo Consello Social.
O curso diríxese a expor os principais retos que, en materia de innovación, se lles presenta ás Administracións públicas en canto á redefinición dos seus principios, normas e orientación; a unha maior apertura á sociedade; a contar co talento e os recursos existentes nas organizacións sociais, empresas e cidadáns para satisfacer o ben común; e a transformar a súa actuación adaptándoa ás grandes oportunidades que ofrecen as posibilidades dixitais.

Temáticas do encontro

A conferencia inaugural estará a cargo de Manuel Arenilla, que centrará a súa intervención na innovación e a transformación dixital na Administración. A responsabilidade social estará presente de forma transversal. O profesor de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña, Carlos Aymerich, falará sobre innovación e bo goberno regulatorio; Javier Branco, xerente de Foro conR, centrarase na compra pública responsable, e Gabriel Ferrero, vogal asesor para a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable, dará a coñecer as accións e compromisos para o cambio e establecerá a relación entre innovación pública e a consecución dos obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS).

Nesta ligazón pódese ampliar máis información sobre o curso así como descargar o programa completo cos datos de contacto para a resolución de calquera dúbida. La matrícula permanece aberta ata o venres 6 de outubro ás 14h.

 

Comparte este artículo

Arquivos