Intelixencia artificial e Creatividade centran o terceiro taller de HumanIA UDC

Intelixencia artificial e Creatividade centran o terceiro taller de HumanIA UDC

A Intelixencia artificial pode ser un excelente aliado para as profesións artísticas e relacionadas coa comunicación e o márketing. A experta en tecnomarketing, innovación e branding, Ruth Falquina, trasladará aos asistentes a súa experiencia á fronte dunha axencia especializada en creatividade aumentada, Estado Latente, da que tamén é cofundadora.  

Baixo o título ‘Intelixencia artificial e Creatividade: Como potenciar o teu talento’, Falquina impartirá o terceiro taller de HumanIA UDC, ciclo formativo organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDC, en colaboración co Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e a Comunicación (CITIC).  

A xornada será presencial e terá lugar o mércores 13 de marzo, ás 17.30 horas, na Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións de Galicia (CITIC), situado no campus de Elviña da Universidade da Coruña.   

Podes reservar a túa praza a través da seguinte ligazón: Intelixencia artificial e creatividade: como potenciar o teu talento – HumanIA UDC   

Como sacar partido creativo ás novas aplicacións  

O terceiro taller de HumanIA UDC pretende profundar nos aspectos máis relevantes da cocreación humano-máquina máquina-humano a través dunha serie de ferramentas e aplicacións que están a resultar moi útiles a artistas e outras profesións con inquietudes creativas.   

 A nosa experta pretende que os asistentes experimenten de maneira práctica, a través do uso dos seus propios computadores na sala, as disciplinas e tecnoloxías que están dispoñibles para aplicarse ao branding e a industria das ideas. Por eso dirixe este taller a creadores, estrategos, artistas, publicistas, consultores, pemes e calquera profesional ou estudante con interese por desenvolverse no ámbito creativo.  

Este novo taller taller enmárcase no ciclo formativo ‘HumanIA UDC: O desafío para as Humanidades en tempos da Intelixencia artificial’, lanzado no pasado mes de setembro, e que ten como obxectivo mostrar o impacto e potencia da Intelixencia artificial nos estudos e nos postos de traballo relacionados coas Humanidades.   

Ata o momento, máis de 300 asistentes participaron nos talleres de HumanIA nos que se abordaron a regulación da Intelixencia artificial e casos de uso no mercado laboral con Chat GPT e outras aplicacións. Inicio – HumanIA UDC

Comparte este artículo

Arquivos