Interrupción do prazo de presentación de candidaturas aos Premios Consello Social 2019 – 2020

En relación á convocatoria de Premios do Consello Social 2019-2020 comunicamos a todos os interesados que o prazo de presentación de candidaturas queda interrompido por mor da actual situación socio sanitaria.

A nova data límite de presentación de candidaturas será comunicada tan pronto como queden sen efecto as medidas extraordinarias adoptadas polo Estado en relación á suspensión de termos e interrupción de prazos administrativos durante o estado de alarma.

Agardamos que esta medida permita aos interesados adaptar as súas expectativas á duración do estado de alarma, sen que a declaración do mesmo poida prexudicarlles.

Poderá atopar máis información sobre a convocatoria de premios nesta ligazón.

Agradecemos a súa atención e colaboración e quedamos á súa plena disposición para calquera dúbida a través da dirección de correo electrónico consello.social@udc.es

 

Arquivos