Xornada sobre desenvolvemento profesional e xestión online do talento

Xornada sobre desenvolvemento profesional e xestión online do talento

O Consello Social da Universidade da Coruña organiza unha xornada sobre as oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxías para o desenvolvemento profesional e a potenciación do talento. O evento, que será inaugurado polo reitor da UDC, Julio Abalde Alonso; o presidente do Consello Social, Antonio Abril Abadín; e o vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya Fernández, terá lugar o próximo luns 4 de jullo, de 10.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 19.45 horas, no Paraninfo da Reitoría, sito na Maestranza.

Baixo o título ‘La gestión del talento ante la nueva era digital’, a xornada inclúe tres ponencias centradas nas relacións profesionais, a economía colaborativa e a importancia de diferenciarse a través do talento. Pola tarde, desenvolverase un obradoiro no que os asistentes poderán aprender diferentes técnicas para aplicar no seu desenvolvemento profesional. O programa conta coa participación de Ignacio Villoch Bayod, director de Eventos do Centro de Innovación do BBVA; Juan Carrillo García, director de contas globais en LinkedIn España e Portugal; José Manuel Casado González, presidente de 2C Consulting; e Eladio García Torres, cofundador e CEO de Lance Talent.

A participación na xornada é totalmente gratuita, previa confirmación de asistencia en secretaria.csocial@udc.es hata o próximo xoves 30 de xuño.

Pode descargar o programa aquí.

Nota de prensa remitida aos medios de comunicación.

Comparte este artículo

Arquivos