Julio Abalde toma posesión como novo reitor da UDC

O acto de investidura iniciouse coa intervención de reitor saínte, Xosé Luis Armesto Barbeito, que entregou o bastón de mando e a medalla ao novo reitor da UDC dando paso ao seu primeiro discurso ao frente da Universidade da Coruña e á toma de posesión do seu equipo de Goberno.

Ademais do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e dos reitores saínte e entrante, Xosé Luis Armesto e Julio Abalde, desde a mesa do Paraninfo da Maestranza presidiron o acto o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o presidente do Consello Social da UDC e os reitores rectores e os presidentes dos Consellos Sociais das universidades de Santiago de Compostela e de Vigo.

Máis información na nota pública emitida desde a UDC.

 

Arquivos