A Cátedra de discapacidade e empregabilidade Tempe-Apsa visita a Universidade da Coruña

O equipo da Cátedra de Discapacidade e Empregabilidade Tempe-Apsa da Universidade Miguel Hernández de Elche (UMH) visitou o pasado 15 de marzo a Universidade da Coruña (UDC), con motivo dunha rolda de encontros organizada para fomentar o achegamento entre académicos e técnicos vinculados a ambas institucións, expertos en responsabilidade social, discapacidade e atención á diversidade.

A Cátedra de discapacidade e empregabilidade Tempe-Apsa da Universidade Miguel Hernández de Elche, creada no ano 2015, é unha iniciativa de colaboración universidade-empresa, impulsada pola empresa de calzado, a entidade sen ánimo de lucro APSA e a universidade alicantina, que ten como finalizade fomentar e incentivar a investigación, a formación e o intercambio de resultados de investigación no ámbito da discapacidade.

D. Antonio Abril, presidente do Consello Social da UDC, e Dª Araceli Torres, vicerreitora de Responsabilidade Social, recibiron ao director da Cátedra de discapacidade e empregabilidade Tempe-Apsa, D. Antonio-Luis Martínez-Pujalte; ao codirector da iniciativa, D. Franciso González Maciá; e aos membros do Consello Asesor desta Cátedra, D. Carlos Giner e Dª María José Juan, para explicar as acción impulsadas e promovidas pola universidade coruñesa en materia de responsabilidade social e inclusión educativa e laboral do colectivo de persoas con discapacidade.

Durante a xornada, o equipo da Cátedra de discapacidade e empregabilidade Tempe-Apsa da Universidade Miguel Hernández de Elche entrevistouse cos responsables dos servizos competentes en materia de atención a la diversidad de la UDC, e cos directores de algunhas das iniciativas máis emblemáticas promovidas polo seu Consello Social no ámbito da RS e a discapacidade, entre as que destacan a Cátedra Inditex-UDC de RS; o programa de formación Espazo Compartido; e CE10, o Observatorio de Políticas Públicas en Materia de Discapacidade, Atención á Diversidade e Igualdade de Oportunidades.

Durante a xornada, ambas institucións manifestaron o seu interese por seguir contribuíndo á construción dunha universidade pública baseada no enfoque do ‘Deseño para todos’, destacando o impulso que a colaboración universidade-empresa pode aportar ás universidades comprometidas coa consecución deste obxectivo.

 

 

Comparte este artículo