La Cátedra Inditex-UDC de RS abre el plazo de preinscripción para el CERIS

La Cátedra Inditex-UDC de RS abre el plazo de preinscripción para el CERIS

A Cátedra Inditex-UDC de Responsabilidad Social abre o prazo de preinscrición para o Curso de Especialización en Responsabilidade e Innovación Social (CERIS), que se impartirá entre os meses de xaneiro e maio de 2016. Os interesados en acceder a este posgrao poderán presentar a correspondente solicitude de preinscrición ata o vindeiro 15 de outubro de 2015, a través da páxina web http://catedrainditex.com/.

A quinta edición do CERIS, título propio de posgrao impartido pola Universidade da Coruña (UDC), incorporará contidos, profesores invitados, e ferramentas, especificamente dirixidos a todos aqueles profesionais con interese en afondar e desenvolver a súa carreira profesional en eidos vencellados á responsabilidade, á innovación, e ao emprendemento social. O programa, que se desenvolverá ao longo de 626 horas lectivas, contará coa participación de máis dunha trintena de especialistas de recoñecido prestixio vencellados a empresas, institucións académicas, entidades non lucrativas e administracións públicas con destacada proxección no ámbito nacional e internacional.

O plan de estudos do CERIS foi deseñado para poñer en valor a experiencia do claustro docente, e o talento dos máis de cen egresados do CERIS que forman parte da rede alumni da Cátedra INDITEX-UDC de R.S. Neste sentido, o CERIS abordará de maneira transversal, multidisciplinar, e desde unha perspectiva eminentemente práctica, mediante conferencias, obradoiros, visitas a empresas, sesións clínicas con alumni, e seminarios de investigación, a responsabilidade social de administracións e organismos públicos, empresas e entidades non lucrativas, e afondará en áreas de plena actualidade, como a responsabilidade e o emprendemento social. Ao longo do curso, farase especial fincapé, ademais, no estudo das iniciativas máis innovadoras, impulsadas por distintas organizacións, públicas e privadas, coa finalidade de contribuír á xeración conxunta de valor económico e social.

Ficha técnica:

Preinscripción: Hasta el 15 de octubre

Horas totales de formación certificada: 626 horas [25,04 ECTS] [1 ECTS=25 horas].

Sesiones presenciales entre enero y mayo de 2015: Miércoles y jueves, de 16h a 19.30h.

Título al que conduce: Experto Universitario en Responsabilidad e Innovación Social.

Matrícula: 600 euros.

Becas: Disponibles becas por importe del 50% de la matrícula dotadas por la Cátedra Inditex-UDC de Responsabilidad Social para el 40% del alumnado.

Lugar de realización: Facultad de Economía y Empresa, UDC.

Entidades colaboradoras: Cátedra Inditex-UDC de RS y Consello Social de la UDC.

Dirección académica: Marta Rey García.

Más información sobre la Cátedra y el Posgrado en: catedrainditexudc.org

Que é a Cátedra Inditex-UDC de Responsabilidade Social? A Cátedra Inditex-UDC de Responsabilidade Social resulta do acordo de colaboración firmado en 2010 entre a Universidade da Coruña e Inditex. A súa misión é fomentar un espazo de reflexión comunitaria, formación académica, investigación aplicada e divulgación sobre a Responsabilidade Social das organizacións.

De entre os obxectivos alcanzados no marco da Cátedra Inditex-UDC de Responsabilidade Social desde 2010, cabe destacar a publicación da Memoria de Responsabilidade Social da Universidade da Coruña, coordinada polo Consello Social e a Vicerreitoría de RS da UDC; o Curso de Especialización en Responsabilidade e Innovación Social; e a posta en marcha do Ciclo de Conferencias ‘En Código Aberto’. A Cátedra presta, ademais, cobertura ás coleccións do Consello Social da UDC en materia de RSC/RSU, Innovación e transferencia de coñecemento.

 

Comparte este artículo

Arquivos