A Cátedra Inditex-UDC de RS abre o seu curso académico 2015-2016

A Cátedra Inditex-UDC de RS abre o seu curso académico 2015-2016

A Cátedra Inditex-UDC de Responsabilidad Social celebrou o acto de apertura da quinta edición do seu Curso de Especialización en Responsabilidad e Innovación Social (CERIS). A inauguración do curso académico 2015-2016, que tivo como escenario o salón de graos da Facultade de Economía e Empresa, contou coa presenza de Esther Trujillo, experta en ética, estratexia de comunicación e relacións organizacionais, dentro do ciclo de conferencias ‘En Código Abierto’.

No acto de apertura do curso académico da Cátedra Inditex-UDC participaron, ademais, o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde Alonso; o presidente do Consello Social, Antonio Abril Abadín; o decano da Facultade de Economía e Empresa, Anxo Calvo Silvosa; e a directora da Cátedra Inditex-UDC, Marta Rey García.

O reitor da Universidade da Coruña manifestou que esta Cátedra “ofrece desde su creación un espazo de formación especializada, de calidade acreditada, en materia de responsabilidade e innovación social”. Julio Abalde afirmou que “a formación é fundamental si queremos que a concienciación en responsabilidade social penetre en todos os ámbitos da actuación empresarial”. Nesta labor, concluiu o reitor, “xoga un papel esencial a Universidade”.

Pola súa banda, o presidente do Consello Social da UDC asegurou que está “orgulloso dos máis de 160 alumnos que pasaron polo curso de posgrao nos cinco años que leva impartíndose”. “A satisfactoria colaboración público/privada é un feito nesta Cátedra. A Responsabilidade Social Corporativa (RSC) é o gran instrumento de corrección dos excesos da economía, é un traxe feito a medida. As empresas precisan profesionais nesta materia, porque resta moito por facer”, insistiu Antonio Abril.
Esther Trujillo, especializada en RSC en Harvard Business School e ESADE-Stanford, está avalada por unha traxectoria na que estivo en cargos direitivos vinculados dun xeito estreito á responsabilidade social, en empresas como Meliá Hotels International e o Grupo Telefónica.

Na súa intervención no ciclo de conferencias ‘En Código Abierto’, baixo o título “Responsabilidad social: lecciones aprendidas”, Trujillo fixo fincapé na idea de que “a RSC implica mirar arredor e contrastar que se precisa por parte dos grupos de interese. Hai que dialogar con eles de xeito humilde. Logo hai que facer unha integración interna para definir límites, integrar sistemas e facer vixiancia”.

Para conseguir os obxectivos marcados no ámbito da responsabilidade social, a conferenciante engadiu que “a RSC precisa reflexión e capacidade. A comunicación pode matar á RSC, porque so se pode dicir o que se fixo, no que se vai facer. Hai que evitar a maquillaxe e a saturación”.

Nos derradeiros catro anos, o ciclo de conferencias ‘En Código Abierto’, organizado pola Catedra Inditex-UDC de RS, logrou reunir en A Coruña a prestixiosos profesionais e especialistas como Marta de la Cuesta, direitora da Cátedra Telefónica de Responsabilidad Social Corporativa y Sostenibilidad da UNED; Alfred Vernis, profesor e director do Instituto de Innovación Social de ESADE; Ángel Carracedo, director do Instituto de Medicina Legal da USC; Antonio Garrigues, presidente de Garrigues Abogados e Asesores Tributarios; Víctor Viñuales, director da Fundación Ecología e Desarrollo; Joaquín González Muntadas, responsable de relacións institucionais e laborais RSC da Federación de Industrias Téxtil, Piel, Químicas e Afines (Fiteqa) do sindicato Comisiones Obreras (CC.OO); Joaquín Nieto, director da oficina da OIT para España; Sebastián Mora, secretario xeral da Confederación Cáritas Española; Alberto Durán, vicepresidente de Fundación ONCE; Kemal Özkan, secretario xeral adxunto de Industriall Global Union; Daniel Villanueva, SJ, director xeral de Entreculturas-Fe y Alegría; Sebastián Royo, catedrático de Ciencia Política no Departamento de Gobierno e vicerreitor da Suffolk University de Boston (EEUU); e Peter McAllister, director de Ethical Trading Initiative.

Comparte este artículo

Arquivos