A Cátedra Inditex-UDC de RS clausura a sexta edición do CERIS

A Cátedra Inditex-UDC de RS clausura a sexta edición do CERIS

A clausura da sexta edición do Curso de Especialización en Responsabilidade e Innovación Social (CERIS) da Cátedra Inditex-UDC de RS contou o pasado 2 de xuño coa participación do responsable de RSC na Secretaría Internacional de CC.OO de Industria, Isidor Boix Lluch, que impartiu a terceira ponencia do Ciclo de Conferencias En Código Abierto 2017.

Trala conferencia “¿Podemos contribuír á dignidade do traballo no mundo, a unha globalización sostenible?”, os 28 recentemente egresados do CERIS tiveron a oportunidade de recoller os seus diplomas, que foron entregados polo reitor da UDC, Julio Abalde; o presidente do Consello Social, Antonio Abril; a vicerreitora do Campus de Ferrol e de RS, Araceli Torres; a directora da Cátedra Inditex-UDC de RS, Marta Rey; e o propio conferenciante, Isidor Boix.

Durante a súa intervención, Boix destacou “a experiencia de diálogo social, global e local” de Inditex como unha das “razóns para o optimismo” ante a progresiva degradación das condicións de traballo nas cadeas de subministro de algunhas multinacionais. Unha realidade que o relator invitado pola Cátedra coñece ben dad a súa experiencia, tamén, como coordinador de IndustriALL Global Union para o Acordo Marco Global coa firma textil con sede en Arteixo.

 

Comparte este artículo

Arquivos