A Cátedra Inditex-UDC de Sustentabilidade abre o prazo de preinscrición para a décima edición do CESIS

A Cátedra Inditex-UDC de Sustentabilidade abre o prazo de preinscrición para a décima edición do CESIS

A Cátedra Inditex-UDC de Sustentabilidade abre o prazo de preinscrición para o Curso de Especialización en Sustentabilidade e Innovación Social (CESIS), que se impartirá durante o primeiro semestre de 2021. Os interesados en acceder a este título propio de posgrao, impartido pola Universidade da Coruña, poderán presentar a correspondente solicitude entre o 28 de setembro e o 15 de novembro de 2029 a través da páxina web www.catedrainditex.com.

A décima edición do CESIS incorporará contidos especificamente dirixidos a todos aqueles estudantes, recentemente licenciados e profesionais con interese en afondar e desenvolver a súa carreira profesional en eidos vinculados á sustentabilidade e a responsabilidade e innovación social.

O programa académico, que se desenvolverá ao longo de 625 horas lectivas, incluíndo sesións presenciais e traballo non presencial, contará coa participación de máis dunha trintena de especialistas de recoñecido prestixio vinculados a empresas, institucións académicas, entidades non lucrativas e administracións públicas de proxección no eido nacional e internacional.

O plan de estudos do CESIS foi deseñado para poñer en valor, desde unha perspectiva eminentemente práctica, a experiencia do claustro docente e o talento dos 269 egresados que forman parte da rede alumni da Cátedra. Ao longo do curso, farase especial fincapé no estudo das iniciativas máis innovadoras impulsadas por diferentes organizacións, públicas e privadas, coa finalidade de contribuír á xeración conxunta de valor económico, social e medioambiental.

Solicitude de preinscrición dispoñible AQUÍ.

Comparte este artículo

Arquivos