A Cátedra Inditex-UDC inaugura o 21 de febreiro a oitava edición do CESIS

A Cátedra Inditex-UDC inaugura o 21 de febreiro a oitava edición do CESIS

A Cátedra Inditex-UDC de Sostenibilidad celebra o próximo 21 de febreiro a inauguración da oitava edición do Curso de Especialización en Sustentabilidade e Innovación Social (CESIS) coa conferencia “O que non se pode facer con diñeiro”, que correrá a cargo do coordinador xeral de Cruz Roja Española, Antoni Bruel.

Durante o acto de apertura, que terá lugar ás 19.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Economía e Empresa emprazada no campus de Elviña, o Reitor, Xulio Abalde Alonso; o Presidente do Consello Social, Antonio Abril Abadín; a Vicerreitora do Campus de Ferrol e de Responsabilidade Social, Araceli Torres Miño; e a Directora da Cátedra Inditex-UDC de Sustentabilidade, Marta Rey García, darán a benvida aos 28 alumnos e alumnas da que será a oitava promoción de este curso de posgrao.

Os interesados en asistir a conferencia deberán confirmar a súa asistencia antes do próximo 20 de febreiro enchendo este formulario.

Comparte este artículo

Arquivos