A Conferencia de Consellos Sociais das Universidades Españolas (CCS) considera que “a falta de reformas estruturais, imprescindibles para poder facer fronte aos retos do mundo global, competitivo e tecnolóxicamente disruptivo do século XXI, -especialmente nos ámbitos do seu goberno, xestión e rendición de contas-, e o déficit crónico de financiamento, están lastrando a excelencia das nosas universidades públicas”. Para a CCS -que aglutina os Consellos Sociais das universidades públicas e a os consellos e patronatos das universidades privadas- en España, a sociedade e o seu sector produtivo “han pecado de omisión e falta de compromiso coa gobernanza, a modernización e a excelencia da Educación Superior”. Así o afirmou o presidente da Conferencia, Antonio Abril Abadín, durante a súa intervención na cumbre empresarial que organiza CEOE.
O presidente da Conferencia insistiu en que “o talento das nosas persoas é o verdadeiro motor do noso desenvolvemento económico; a Universidade mediante a formación e a Empresa a través da súa organización, teñen obxectivos concorrentes e a súa colaboración é imprescindible para conseguir a competitividade da economía que é a clave do noso benestar social”. Neste entorno, Antonio Abril Abadín recordou que “o actual desaxuste entre a oferta de titulacións universitarias e a demanda de perfís profesionais por un sector produtivo que, ademais, crea poucos postos de traballo de alta cualificación, xenera un paro e un infraempleo de egresados universitarios inaceptable”.
Para superar este entorno de carencias, a Conferencia de Consellos Sociais define no seu plan estratéxico cinco obxectivos básicos: (I) sensibilizar á sociedade española sobre a transcendencia da educación en xeral e da Universidade en particular; (II) impulsar a reforma estrutural do modelo de gobernanza universitaria; (III) incrementar o financiamento público e privado das universidades; (IV) intensificar a terceira misión universitaria -a transferencia dos resultados do coñecemento e da investigación á sociedade- y (V) mellorar a internacionalización da institución.
A maior excelencia das nosas universidades e a cooperación público-privada mediante a creación de vínculos recíprocos entre educación e empresa, son requisitos necesarios para a mellora da empleabilidade dos nosos egresados.
Desde a Conferencia se pide que esta lexislatura dea resposta á petición presentada no Congreso dos Deputados o 26 de setembro de 2018 pola CRUE, Conferencia de Consellos Sociais, Cámara de Comercio de España, organizacións empresariais e sindicais e representantes de estudantes para abrir un proceso conducente á elaboración e aprobación dunha nova lei de universidades que conte cun amplo consenso parlamentario e participación activa de todos os axentes implicados.