A Conferencia de Consellos Sociais expón ao ministro Pedro Duque as súas prioridades para a mellora da universidade española

A Conferencia de Consellos Sociais expón ao ministro Pedro Duque as súas prioridades para a mellora da universidade española

O Presidente do Consello Social da Universidade da Coruña e da Conferencia de Consellos Sociais de Universidades Españolas, Antonio Abril Abadín, os vicepresidentes Concha Yoldi e Julio Lage, e o secretario xeral, Miguel Ángel Acosta, reuníronse co ministro de Ciencia, Innovación e Universidades, Pedro Duque, e a secretaria de Estado de Universidades Ángeles Heras.

A reunión enmárcase na rolda de contactos que o Ministerio está desenvolvendo cos distintos actores do eido universitario para plantexar cambios na lexislación vixente. Na súa primeira comparecencia no Congreso, o ministro adelantou a súa intención de iniciar “un debate aberto, co obxectivo de construír unha política de consenso social, académico e político no eido universitario”.

Desde a Conferencia insistiuse en que a Universidade constitúa unha prioridade do Goberno para conseguir, entre todos, unha institución con excelencia internacional que sexa verdadeiro motor do desenvolvemento económico e do bienestar social.

O seu Presidente, Antonio Abril Abadín, reiterou a disposición da CCSU a colaborar nesa tarefa e recordou as principais liñas de actuación do Comité Executivo que preside: sensibilizar á sociedade española sobre a trascendencia da educación; impulsar a reforma estrutural do modelo de gobernanza universitaria; incrementar o financiamento público e privado dasuniversidades; facilitar a terceira misión universitaria -a transferencia dos resultados do coñecemento e da investigación á sociedade-; mellorar a internacionalización da institución e favorecer a empregabilidade dos estudantes a través da maior excelencia do sistema educativo e da cooperación público-privada.

Comparte este artículo

Arquivos