A formación en novas tecnoloxías dixitais centrará o terceiro taller de Laboralia o próximo 19 de novembro

O  Consello Social da UDC organiza o terceiro taller de  Laboralia 2020 o próximo 19 de novembro. Baixo o título “Por que formarse en novas tecnoloxías dixitais?”, a sesión formativa contará coa participación de Pablo González, Francisco Ramírez e Álvaro Núñez-Romero, expertos en  Ciberseguridade, Intelixencia Artificial e Internet das Cousas, respectivamente, que abordarán a tecnoloxía dixital desde o punto de vista da especialización para o emprego.

Este novo taller de  Laboralia persegue o dobre obxectivo de achegar as tecnoloxías dixitais a mozas que se expoñen un futuro laboral no sector e de presentar a experiencia de profesionais con perfís STEM.

Os interesados en asistir ao taller online, que se celebrará a través da aplicación de videoconferencias Zoom entre as 16.00 e as 20.00 horas, deben inscribirse enchendo este formulario.

Comparte este artículo