A UDC acolle un relatorio do bioquímico Mariano Barbacid no acto de presentación da súa Memoria RSU 20281/2029

A Universidade da Coruña acolle o vindeiro 23 de xullo ás 13:00h un relatorio co Profesor AXA CNIO de Oncoloxía Molecular no Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO), Mariano Barbacid, que levará por título ‘Compromiso social e novas estratexías terapéuticas contra o cancro’.

Neste acto, presidido polo reitor da UDC, Julio Abalde Alonso, e polo presidente do Consello Social Social da UDC, Antonio Abril Abadín, esta dirixido principalmente a docentes, investigadores, estudantes e titulados universitarios, pero poden asistir todas as persoas interesadas no tema.

Ao remate da intervención de Barbacid, a universidade presentará a súa Memoria de Responsabilidade Social Universitaria (RSU) 2018/2019 co fin de mostrar o seu compromiso coa transparencia de resultados da actividade de transferencia e colaboración universidade-empresa.

Para conectarse a este encontro en liña é preciso inscribirse aquí.

Quén é Mariano Barbacid Montalbán

Profesor AXA CNIO de Oncoloxía Molecular e Director do Grupo de Oncoloxía Experimental do CNIO. En 1982 aisló por primeira vez un xen humano mutado capaz de causar cancro (oncoxén), identificando así a primeira alteración molecular implicada no desenvolvemento tumoral. Estos descubrimentos serviron para establecer as bases moleculares do cancro e abrir un campo novo de investigación que hoxe en día coñecemos como Oncoloxía Molecular.

Membro extranxeiro da Academia de Ciencias dos EE.UU., un honor que tan só ostentan outros seis investigadores españois. En 2014 foi nmeado Fellow da Academia da Asociación Americana de Investigación en Cancro (AACR), o primeiro español en ter esta distinción.

Doutor Honoris Causa pola Universidad Internacional Menéndez Pelayo (1995), pola Universidad de Cantabria (2011) e pola Universidad de Barcelona (2014). En 2011, recibiu a Gran Cruz del Dos de Mayo, a máis distinción que concede a Comunidade de Madrid.

O Dr. Barbacid é un dos poucos científicos europeos en conseguir dous Advanced Grants do Consello Europeo de Investigación desde o seu establecemento en 2008. Na actualidade, o índice h (Hirsch Factor) do Dr. Barbacid é de 117, o máis alto de España nas áreas de Bioquímica, Bioloxía Molecular e Bioloxía Celular e o segundo máis alto no área de Oncoloxía.

Arquivos