A UDC presenta a súa Memoria de Responsabilidade Social 2014-2015

A UDC presenta a súa Memoria de Responsabilidade Social 2014-2015

A Universidade da Coruña (UDC) presentou esta mañá a Memoria de Responsabilidade Social correspondente ao curso 2014-2015 nun almorzo informativo celebrado no Reitorado da UDC. O acto, que contou coa presenza de Julio Abalde, reitor da UDC; Araceli Torres, vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social; e Antonio Abril, presidente do Consello Social, serviu para facer un repaso das iniciativas da universidade en materia de rendición de contas e compromiso social.

Durante a súa intervención, o reitor destacou o compromiso do plan estratéxico 2013-2020 “coa igualdade de oportunidades, polo que a responsabilidade social é unha actividade fundamental para unha universidade cunha función estratéxica como institución pública”. Así mesmo, subliñou que a colaboración coa sociedade a través das empresas “non é unha causa allea á actividade académica, xa que existen moitos espazos de colaboración nos que estamos a traballar”.

Pola súa parte, Antonio Abril sinalou que “a UDC leva o compromiso social no seu ADN” e, tras facer un repaso das iniciativas de Responsabilidade Social do Consello Social, explicou que “non hai outra universidade en España que poida competir con ela”.
Araceli Torres, vicerreitora de Responsabilidade Social, resaltou que “os valores éticos con respecto ao medio, á atención á discapacidade, aos grupos en risco de exclusión e, en xeral, coa sociedade, son obrigas asumidas na UDC de xeito natural dende hai anos”.

Documento completo dispoñible na web http://memoriarsu.udc.es

 

Comparte este artículo

Arquivos