A UDC presenta a súa Memoria de Responsabilidade Social 2016/2017

A elaboración da Memoria de Responsabilidade Social da Universidade da Coruña, cuxa edición 2016/2017 presentarase o próximo xoves 26 de xullo ás 12.30 horas no Paraninfo da Reitoría, é froito do convenio de colaboración firmado por Inditex e a Universidade coruñesa o 10 de marzo de 2010, polo que ambas institucións acordaron sumar esforzos co obxectivo de promover a implantación dun modelo de responsabilidade social universitaria.

O acto de presentación contará coa participación de Ángeles María Heras Caballero, secretaria de Estado de Universidades, Investigación e Innovación.

Os interesados en asistir á presentación deben confirmar a súa asistencia en oficina.protocolo@udc.gal.

Comparte este artículo

Arquivos