Formación en competencias profesionais

Programa Finanzas para Mortales

Programa Finanzas para Mortales

Finanzas-mortales-2019
Inauguración de la edición de las jornadas de Finanzas para Mortales celebradas en 2019.

Finanzas para Mortales é un proxecto de educación financeira impulsado, no ámbito da Universidade da Coruña, polo Consello Social da UDC e a Fundación UCEIF, a través de Santander Financial Institute (SANFI). Este proxecto conta, ademais, co apoio e mecenado de Banco Santander, cuxos profesionais imparten a formación de Finanzas para Mortais de maneira voluntaria en toda España.

O obxectivo do programa é mellorar a cultura financeira do colectivo universitario, e en xeral da sociedade, a través de información, educación e asesoramento, que facilite o desenvolvemento das habilidades necesarias para adquirir maior conciencia dos riscos e oportunidades financeiras, achegando o coñecemento do mundo económico e financeiro, e posibilite a toma de decisións informadas.

No 2018 o Banco de España e a Comisión Nacional de Mercados de Valores (CNMV) galardoaron a Finanzas para Mortais como mellor programa de educación financeira de España co premio Finanzas para Todos.

Durante todos estes anos, o programa impartiu 4.596 sesións presenciais por toda España, chegando a un total de 38.168 beneficiarios grazas ao labor de 793 formadores voluntarios. A data de hoxe, Finanzas para Mortais, impartiu 2.272 sesións en colexios e 695 en FP, chegando a 19.800 e 4.950 participantes respectivamente.

O programa conta con máis de 1 millón de visitas á súa web oficial, www.finanzasparamortales.es e máis de 40.000 seguidores en redes sociais.

Espazo 2.0

Reproducir vídeo