Laboralia Future Jobs 2018 analiza as novas profesións xurdidas coa revolución dixital

O programa Laboralia Future Jobs, impulsado polo Consello Social da Universidade de Coruña (UDC), pecha este venres 13 de abril a súa edición de 2018 cunha xornada formativa na que analizará as novas profesión xurdidas a raíz da revolución dixital. Esta iniciativa, que se celebra na Sede Afundación da Coruña, está dirixida a estudantes, titulados universitarios e profesionais interesados en coñecer as novas tendencias do mercado laboral.
Laboralia Future Jobs 2018 conta coa participación de expertos do sector das novas tecnoloxías e da educación, a través de obradoiros, conferencias e mesas redondas que culminan coa xornada formativa deste venres.

Programa da xornada.

Inscripción AQUÍ

Máis información en laboraliaudc.com

 

Comparte este artículo

Arquivos