Formación en competencias profesionais

Programa Laboralia

Laboralia 2019

Laboralia é un programa de formación en competencias profesionais dirixido a estudantes e titulados novos, cuxo principal obxectivo é mellorar a inserción laboral e fomentar a cultura emprendedora no ámbito universitario.

A través dunha metodoloxía práctica, Laboralia achega formación e información útil para comprender as dinámicas do mercado laboral en xeral e da selección de persoal en particular. No marco do programa, os participantes reciben, ademais, asesoramento sobre as mellores estratexias para fortalecer o seu perfil e incrementar o potencial éxito na procura de oportunidades de desenvolvemento profesional.  

O equipo docente de Laboralia está integrado por expertos cunha ampla traxectoria no ámbito da orientación e o asesoramento laboral e do emprendemento. O programa conta, así mesmo, coa colaboración dun panel de expertos en xestión de recursos humanos, xornalismo e comunicación vinculados a empresas da contorna e de recoñecido prestixio nacional e internacional.

Espazo 2.0

Reproducir vídeo