‘As universidades españolas. Unha perspectiva autonómica. 2014’

‘As universidades españolas. Unha perspectiva autonómica. 2014’

A Fundación CYD vén de publicar o documento ‘As universidades españolas. Unha perspectiva autonómica. 2014’. O devandito informe ofrece información actualizada acerca das características máis relevantes do sistema universitario español, diferenciando, en primeiro lugar, por comunidades autónomas e, en segundo termo, por universidades dentro de cada rexión.

En primeiro lugar, ofrécese información sobre a oferta e demanda universitaria; en segundo lugar, inclúense indicadores sobre ingresos e gastos das universidades públicas presenciais; en terceiro lugar, apórtanse datos sobre a relación dos graduados universitarios e o mercado de traballo; en cuarto lugar, ofrécense indicadores sobre investigación universitaria, resultados e relación coas empresas; e en quinto lugar, incorpórase a situación das diferentes universidades nas clasificacións bibliométricas.

Máis en detalle, inclúense diversos cadros informativos por comunidades autónomas acerca de, entre outras cuestións, matriculados e graduados en estudos de grao universitario e mestrado oficial; teses doutorais; programas de grao e mestrado; oferta de prazas, demanda e matrícula de novo ingreso nas universidades públicas presenciais; prezos públicos; taxa de rendemento e abandono de estudos; persoal docente e investigador e de administración e servizos; ingresos e gastos por alumno en universidades públicas presenciais; evolución recente das diversas partidas orzamentarias; porcentaxe de poboación adulta que é graduada superior; taxa de actividade, ocupación e paro segundo nivel educativo; nivel de sobreeducación; porcentaxe de poboación adulta que realiza formación permanente; gasto en I+D total e en educación superior; investigadores e persoal en I+D; publicacións científicas ou solicitude de patentes.

Comparte este artículo

Arquivos