Os premios do Consello Social 2019-2020 reabren o prazo de presentación de candidaturas ata o 16 de xullo

Os premios do Consello Social 2019-2020 reabren o prazo de presentación de candidaturas ata o 16 de xullo

Os Premios do Consello Social 2019 – 2020 da Universidade da Coruña reabren o prazo de presentación de candidaturas ata o 16 de jullo. Un prazo que quedou en suspenso pola crise sociosanitaria da Covid-19.

En relación a esta convocatoria se comunica a todos os interesados a reanudación do computo do prazo de presentación de candidaturas, en conformidade co previsto no artigo 9 do Real Decreto 537/2020, de 22 de maio. Neste punto, relativo aos prazos administrativos suspendidos en virtude do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, sinala que: “Con efectos desde o 1 de xuño de 2020, o cómputo dos plazos administrativos que foran suspendidos se reanudará, ou se reiniciará, se así se houbera previsto na norma con rango de lei aprobada durante a vixencia do estado de alarma e as súas prórrogas”.

Así desde o 1 de juño ata o 16 de jullo, ambas data incluidas, se poden proxecto a través dos que se recoñerá públicamente o labor dos grupos de investigación, alumnos e empresas que contribúen co seu traballo ao fomento da innovación, o emprendemento, a internacionalización e a posta en valor do coñecemento universitario.

Os Premios se conceden en tres categorías: Impulso, Confianza e Emprende.

Premio Impulso: ao grupo de investigación da UDC máis competitivo no ámbito da investigación, a transferencia de coñecemento, a obtención de financiamento ou contribución á internacionalización da Universidade. Poderán ser beneficiarios do Premio IMPULSO UDC os grupos de investigación que se atoparan inscritos no Catálogo de Investigación desta Universidade na data de apertura do prazo de presentación das propostas de candidatura, 31 de outubro de 2019.

Premio Confianza: ás empresas que coas súas accións e iniciativas participen e/ou respalden o desenvolvemento de proxectos e iniciativas innovadoras en colaboración coa UDC en calquera das súas actividades, contribuíndo notablemente a impulsar docencia, a investigación, a empleabilidade e a extensión universitaria. Destinado ás entidades privadas con personalidade xurídica propia que de calquera xeito colaboraran coa UDC ou calquera dos seus institutos, departamentos, grupos de investigación ou servizos.

Premio Emprende: recoñecemento público aos estudantes e titulados nos últimos tres anos de calquera titulación oficial da UDC na data de apertura do prazo de presentación das propostas de candidatura. Os solicitantes deberán ser, preferentemente, equipos integrados por titulados/as da UDC ou estudantes matriculados nalgunha titulación impartida pola UDC á data de presentación da solicitude. Admitiránse tamén propostas individuais.

Más información en premiosconsellosocial.udc.es.

Comparte este artículo

Arquivos