Os proxectos de RS, no Congreso Universidade e Discapacidade

Os proxectos de RS, no Congreso Universidade e Discapacidade

A Fundación ONCE organizou en Madrid o II Congreso Internacional de Universidade e Discapacidade, un foro que pretendía ser un lugar de encontro onde propoñer ideas e estratexias para avanzar cara á inclusión universitaria e dar a coñecer as investigacións, programas e experiencias que en relación coas persoas con discapacidade se están a desenvolver nas universidades.

No cumio estiveron presentes os equipos de profesionais de Espazo Compartido e do Proxecto CE10, constituído como Observatorio de Políticas Públicas en Materia de Discapacidade, Atención á Diversidade e Igualdade de Oportunidades. Ambos son proxectos impulsados polo Consello Social da UDC.

O Proxecto CE10, formado por Paloma Caneiro González, Jorge Lopez‐Veiga Brea, Jesús Spósito Prado, Lucía González López e Marta García Pérez, presentou un decálogo titulado ‘Cara á unha Carta dos Dereitos das Persoas con Discapacidade na Universidade’.

 

Comparte este artículo

Arquivos