MEL, unha aposta pola innovación e o emprendemento no eido médico

MEL, unha aposta pola innovación e o emprendemento no eido médico

O impulso da innovación e o emprendemento no eido médico foi o eixo da primeira xornada de MEL (Medical Entrepreneurship Lab), organizada polo Consello Social da Universidade da Coruña (UDC) na sede do Colexio Oficial de Médicos da Coruña os días 5 e 6 de maio. A inauguración da primeira xornada contou coa participación de Julio Abalde Alonso, reitor da UDC; Antonio Abril Abadín, presidente do Consello Social da UDC; Enrique Castellón Leal, vicepresidente do Colexio profesional; e Antón Fernández García, director médico do CHUAC.

Durante a inauguración das xornadas, Abril fixo fincapé na importancia do talento e a innovación, e asegurou que “na Universidade ten que haber un ecosistema onde implementar o emprendemento que se potencia”. Abalde, pola súa banda, subliñou, que unha iniciativa como MEL “resume a función que debe desempeñar a Universidade en pleno século XXI”.

O principal punto de interese da primeira xornada foi a ponencia “Un Hacker no Colexio”, coa presenza de Rafael Sánchez Gómez, analista de seguridade de Eleven Paths e responsable técnico de proxectos de seguridade de rede da área global de seguridade de GCTO en Telefónica; e Daniel López Carballo, socio da área de privacidade e protección de datos en Écija Abogados e Premio Nacional de Investigación da Axencia Española de Protección de Datos.

A Master Class de Rafael Sánchez Gómez e Daniel López Carballo fixo fincapé na ciberseguridade no entorno da saúde, coa importancia de ser conscientes dos riscos aos que estamos sometidos desde o momento no que conectamos calquera dispositivo a Internet.

A segunda xornada de MEL contou con varias actividades relacionadas co emprendemento e a innovación, entre as que destaca a presenza de Pedro Peris-López, experto en seguridade e salúde electrónica, coa conferencia “Dispositivos médicos implantables”.

Baixo o lema “Non o digo, fágoo” aplicado á innovación, MEL persigue tres obxectivos: potenciar o talento do persoal sanitario para a creación de solucións concretas, dotar aos profesionais sanitarios das ferramentas necesarias para levar á realidade as ideas que detectaron como unha oportunidade e demostrar que a innovación é posible se se aprende a aplicarla para xerar valor social a través da creación de novos produtos e servizos.

Comparte este artículo

Arquivos