A Cátedra ALDABA-WIB pon en marcha a segunda edición do ALDABA-TIC CAMP, un campus tecnolóxico de verán copatrocinado polo Consello Social da UDC, que subvencionará parte da matrícula.
Este campamento ten por obxectivo fomentar vocacións tecnolóxicas e desenvolver habilidades STEM dunha forma divertida e innovadora entre nenas e nenos nados entre os anos 2012 e 2018. A iniciativa desenvolverase na Facultade de Informática da UDC e tamén na Escola de Enxeñaría Informática da UVigo (en Ourense).
‘Misión en las Profundidades’ é o nome desta nova edición, onde a exploración do fondo mariño será un dos alicientes para os máis pequenos.
O campamento na Coruña organizarase en dúas quendas (con 30 prazas cada un, e cun 80% delas reservadas a nenas):
Os horarios serán de 9:00 a 14:00 e con servizos opcionais de madrugadores (8:00 a 9:00) e comedor (14:00 a 15:00).
O Consello Social apoia novamente o desenvolvemento de proxectos que contribúan a espertar as vocacións STEM en idades temperás e a potenciar o alumnado feminino en estudos relacionados coas TIC.
Más información e inscricións aquí.