O Consello Social da UDC adhírese á Declaración Institucional da CCS ante a invasión de Rusia a Ucraína

O Consello Social da UDC adhírese á Declaración Institucional da CCS ante a invasión de Rusia a Ucraína

O pleno do Consello Social da Universidade da Coruña acordou por unanimidade na súa última reunión ordinaria, celebrada o pasado 17 de marzo, a súa adhesión á Declaración Institucional realizada pola Conferencia de Consellos Sociais das Universidades Españolas ( CCS) ante a agresión militar de Rusia a Ucraína.

“A decisión do Goberno de Rusia de atacar e invadir Ucraína, un estado libre e soberano, o pasado xoves 24 de febreiro, violando a legalidade internacional e poñendo en risco a seguridade global e a estabilidade mundial está a provocar centenares de mortes e miles de desprazados.

O ataque levado a cabo polo Goberno de Rusia é unha agresión completamente inxustificada, dunha gravidade inédita que ataca, frontalmente, os valores da democracia e a liberdade básicos na educación e a investigación.

A universidade ten entre as súas misións promover unha visión crítica da realidade e axudar á construción de cidadáns comprometidos cos problemas que nos aburan, coa paz, as liberdades e o progreso. Nós, como representantes da sociedade nos seus órganos de goberno, non podemos quedarnos calados e manifestamos a nosa total e absoluta condena á invasión militar de Ucraína por parte do goberno ruso, a nosa solidariedade co goberno e a poboación ucraína e cos profesores e investigadores rusos que expresaron a súa oposición a esta guerra e sofren represión policial e militar.

Por todo iso, comprometémonos coa defensa da paz, apostamos polo dereito internacional e a vía diplomática no marco das Nacións Unidas para poñer fin ao conflito bélico, esiximos o cesamento inmediato das operacións militares dirixidas contra Ucraína, o respecto á soberanía e a integridade territorial do Estado ucraíno, o restablecemento do dereito internacional e dos valores universitarios de paz, liberdade e progreso”.

Comparte este artículo

Arquivos