O secretario do Consello Social da UDC, Jesús Spósito Prado, participa o 9 e 10 de abril nas Xornadas de Secretarios organizadas pola Conferencia de Consellos Sociais das Universidades Españolas (CCS) e que se celebran a Universidade de Alcalá en Madrid.
O evento será inaugurado polo presidente da CCS e presidente do Consello Social da UDC, Antonio Abril Abadín; a presidenta da Comisión de Secretarios de Consellos Sociais das Universidades Españolas, Isabel Mayor Bastida, o presidente do Consello Social da Universidade de Alcalá, Joaquín Leguina Herrán, e o reitor da Universidade de Alcalá, José Vicente Sanz.
Abordaxe da nova LOSU
A primeira xornada dará comezo coa celebración do Pleno da Comisión Sectorial de Secretarios no que se abordará en profundidade a nova Lei Orgánica do Sistema Universitario, aprobada o pasado mes de febreiro. A continuación, desenvolverase un relatorio na que se abordará a importancia da comunicación institucional.
A segunda xornada contarán con dúas mesas redondas nas que se debaterá sobre a Formación Dual Universitaria e a Xestión de Órganos Colexiados. Na primeira delas, moderada por Santiago Aramburu Allegue, secretario do Consello Social da Universidade Pública de Navarra, participarán como Ferrán Badia Pascual, vicerreitor de Política Institucional e Planificación Estratéxica da Universitat de Lleida; Erlantz Allur Aranburu, director de Prácticas, Formación Dual e Empregabilidade da Universidade do País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea e Juan Carlos Tejeda Hisado, director do Departamento de Educación e Formación en CEOE.
A segunda mesa da xornada estará moderada por Elena Marín Trasobares, secretaria do Consello Social da Universidade de Zaragoza, e terá como relatoras a Josep Antoni Claver Campillo, secretario Xeral da Universitat Politècnica de València; Ricardo Borillo Doménech, responsable da Unidade de Análise e Desenvolvemento TI da Universitat Jaume I; Miguel Ángel Acosta Rodríguez, secretario Xeral da Conferencia de Consellos Sociais das Universidades Españolas.