Volve o Ciclo de Conferencias ‘En Código Abierto’ da Cátedra Inditex-UDC de Sustentabilidade

Volve o Ciclo de Conferencias ‘En Código Abierto’ da Cátedra Inditex-UDC de Sustentabilidade

A Cátedra Inditex-UDC de Sustentabilidade recupera o seu Ciclo de Conferencias ‘En Código Abierto’ tras o parón sufrido por mor da pandemia. O director de Acción Social de Cáritas Española, Francisco Lorenzo, será o encargado de ofrecer a primeira das sesións deste ano o vindeiro mércores 6 de abril ás 13 horas na Aula Magna da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña.

Baixo o título “Innovación social, emprego e medio ambiente: proxecto Moda re-”, o relator compartirá cos presentes os detalles da iniciativa de economía solidaria a través da que Cáritas realiza unha xestión integral de roupa usada na que aborda desde a recollida e clasificación da mesma ata a súa reutilización, reciclaxe, doazón social ou mesmo venda.

A sesión contará coa participación do reitor da UDC, Julio Abalde Alonso; o presidente do Consello Social da UDC, Antonio Abril Abadín; a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla Fernández; o director de Sustentabilidade de Inditex, Javier Losada; o decano da Facultade de Economía e Empresa, Manuel Gómez Suárez; e a directora da Cátedra Inditex-UDC de Sustentabilidade, Marta Rey García, entre outras autoridades.

Os interesados deben confirmar a súa asistencia cubrindo este formulario ata o 5 de abril.

Máis información en www.catedrainditex.com.

Comparte este artículo

Arquivos