El Hackaton Meta Saúde aborda el metaverso y sus oportunidades en el ámbito médico

El Hackaton Meta Saúde aborda el metaverso y sus oportunidades en el ámbito médico

O Consello Social da UDC e o Colexio Oficial de Médicos da Coruña organizan, en colaboración con Additum, o Hackaton Meta Saúde no que se abordarán as oportunidades que ofrece o metaverso no ámbito médico e da saúde.

A xornada, que está dirixida a profesionais do sector de calquera especialidade, celebrarase o mércores 9 de novembro, de 10.00 a 14.00 horas, na sede do colexio coruñés.

O obxectivo é trasladar aos asistentes como a intelixencia artificial e o metaverso poden axudarlles na súa formación e na súa práctica médica e a aplicar o aprendido ao longo desta xornada na súa actividade profesional. Ademais, os participantes poderán interactuar de maneira presencial co panel de expertos e probar os equipos dixitais, o uso dos cales se explicará durante o evento.

A Intelixencia artificial é unha das novas tecnoloxías que xa está a transformar todos os sectores de actividade, do mesmo xeito que o metaverso, un mundo virtual ao que nos conectaremos cada vez máis utilizando unha serie de dispositivos que nos permitirán interactuar cos elementos desa realidade alternativa e que nos transmitirán a sensación de estar dentro del.

Metaverso e IA: Hackaton Meta Saúde

A xornada dará comezo ás 10.00 horas coa exposición do especialista Javier Arranz, membro de Nvidia na área de Intelixencia artificial, quen ofrecerá unha visión xeral do Metaverso e unha visión específica do Omniverso, un metaverso para a intelixencia artificial.

A continuación, intervirán os expertos Javier Colás, presidente de Additum e ex presidente de Medtronic, e Enara Herran, directora de proxectos en Additum Blockchain, quen incidirán nas ‘Oportunidades de valor detectadas para un Metaverso no ámbito da saúde’.

O experto en realidade virtual e aumentada Santiago González, CEO de Artsoft, realizará a terceira exposición da mañá. Será unha charla práctica titulada ‘Experimentando en primeira persoa no ámbito da saúde coa ferramenta Nextmed’.

O peche correrá a cargo do presidente do fondo de capital risco Cross Road Biotech, Enrique Castellón, quen reunirá as conclusións a modo de resumo do evento.

Inscrición aquí: https://form.typeform.com/to/eO3Qkss7

Comparte este artículo