O Pleno do Consello Social da Universidade da Coruña reuniuse o 30 de abril para celebrar a súa primeira sesión ordinaria do ano, celebrada no Centro Universitario de Riazor. O acto comezou coa lectura e aprobación da acta do último Pleno celebrado en decembro de 2023. O Presidente do Consello Social, Antonio Abril, iniciou a sesión dando a benvida a todos os presentes e informando sobre os avances e xestións realizadas desde a última sesión do Consello Social.
A orde do día da sesión foi o seguinte:
- Lectura e aprobación da acta do Pleno celebrado o 20 de decembro de 2023.
- Informe do Presidente.
- Situación económico-orzamentaria da Universidade da Coruña.
- Aprobación dunha modificación orzamentaria do Capítulo II (Gastos correntes) ao Capítulo VI (Gastos de capital) do orzamento da UDC.
- Aprobación dunha modificación puntual da relación de postos de traballo do Persoal Técnico, de Xestión e de Administración e Servizos da Universidade da Coruña.
- Informe da Universidade sobre os convenios aprobados en Consello de Goberno.
- Rogos e preguntas.