O Pleno do Consello Social reúnese na súa segunda sesión ordinaria anual

O Pleno do Consello Social reúnese na súa segunda sesión ordinaria anual

O Pleno do Consello Social da Universidade da Coruña (UDC), reunido en sesión ordinaria no Salón de Plenos do Centro Universitario de Riazor, aprobou por unanimidade as contas anuais da UDC correspondentes ao exercicio económico 2022.

Os membros do Pleno tamén deron luz verde ás contas anuais da Fundación Universidade da Coruña correspondentes ao exercicio económico 2022, estudaron as contas anuais da Fundación Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións de Galicia correspondentes ao exercicio económico 2022 e informaron favorablemente o proxecto de decreto polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG) para o curso académico 2023/2024.

Memoria do exercicio 2022 do Consello Social

Nesta mesma sesión ordinaria, o Pleno deu o visto e prace á Memoria do Consello Social correspondente ao exercicio 2022; á proposta de tarifas por uso do equipamento común do CICA para o curso 2023/2024; á proposta das novas tarifas do Servizo de Análise de Medicións do gas radon; e á proposta de modificación puntual da RPT de PTXAS da UDC.

Aprobouse, ademais, a creación dunha nova spin-off, Motion & Force Engineering Solucions S.L. (MFES) e a ampliación de capital da spin-off Appentra Solutions S.L.; a proposta de complemento retributivo autonómico de recoñecementos polos cargos de xestión a profesores da UDC-1.ª Remesa, correspondente á convocatoria de 2022 e de recoñecemento ao labor docente e investigadora a docentes da UDC, correspondente tamén á convocatoria de 2022.

Tamén se deu luz verde á modificación do programa de doutoramento en Investigación en Tecnoloxías da Información para o curso académico 2024/2025.

Comparte este artículo

Arquivos