O presidente do Consello Social da UDC, en calidade de presidente da Conferencia de Consellos Sociais das Universidades Españolas (CCS), Antonio Abril Abadín, participou no acto de inauguración das Xornadas Anuais da CCS celebradas en Galicia. A institución conmemorou este 2023 o 40 aniversario da creación dos consellos sociais, xurdidos a raíz da Lei de Reforma Universitaria.
A inauguración contou coa intervención do Conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades da Xunta de Galicia, Román Rodríguez González; a presidenta do Consello Social da USC, Cecilia Sierra Rey, e o presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa Silva.
No seu discurso, o titular do departamento educativo da Xunta destacou o papel destes órganos “na apertura das Universidades á realidade económica e empresarial”, así como na supervisión académica e control académico. Lamentou que a nova Lei Orgánica do Sistema Universitario (LOSU) entorpeza as funcións dos Consellos Sociais e definiuna como “unha oportunidade perdida para construír a Universidade do futuro.
Destacou que a administración autonómica aposta por unha universidade aberta e colaborativa co tecido empresarial, para seguirano contando cos Consellos Sociais como parte integral da formación teórico-práctica.
Ao longo destes tres días, os presidentes e secretarios dos consellos sociais españois analizaron a evolución das institucións que representan durante estes 40 anos e abordaron, entre outros aspectos, a situación da educación superior do noso país no contexto europeo e as consecuencias da nova LOSU, en vigor desde o pasado 12 de abril e que agora terá dous anos para desenvolverse no marco das competencias das comunidades autónomas.
A Conferencia de Consellos Sociais das Universidades Españolas ofrece aos parlamentos e gobernos autonómicos a súa colaboración “para procurar que o desenvolvemento normativo da LOSU a nivel autonómico corrixa, na medida do posible, as carencias e defectos da norma básica dentro das marxes que nela establécense” e fortalecer, desta maneira “o compromiso e participación da sociedade coa súa universidade”.
A institución española, presidida por Antonio Abril Abadín, reitera que a LOSU “non responde as necesidades actuais da universidade española e non vai servir para resolver os problemas estruturais que veñen limitando a súa excelencia”.
A CCS, que aglutina aos Consellos de todas as universidades públicas e aos órganos de representación de universidades privadas, aprobou no marco das Xornadas un Manifesto no que solicita ás Comunidades Autónomas nos seus respectivos ámbitos territoriais e cando desenvolvan a LOSU: