O presidente do Consello Social e o alcalde de Ferrol reúnense para coñecer as iniciativas da Universidade

O presidente do Consello Social e o alcalde de Ferrol reúnense para coñecer as iniciativas da Universidade

O presidente do Consello Social da Universidade da Coruña e da Conferencia de Consellos Sociais de Universidades Espapolas (CCSU), Antonio Abril Abadín, foi recibido onte polo alcalde do Concello de Ferrol, Ángel Mato Escalona.

A cita, primeira toma de contacto institucional, serviu para poñer en común as necesidades da universidade e da sociedade ferrolá. Abril trasladou a Mato as iniciativas do Consello Social, así como o traballo da CCSU para conseguir unha Universidade con excelencia internacional que sexa o verdadeiro motor económico e social.

Pola súa banda, Mato trasladoulle os compromisos do Concello relacionados co Campus de Ferrol, o cal está tendo un gran impacto no tecido produtivo no sector tecnolóxico de Ferrolterra.

Comparte este artículo

Arquivos