O presidente do Consello Social e o reitor da UDC reúnense para avaliar o impacto da LOSU

O presidente do Consello Social e o reitor da UDC reúnense para avaliar o impacto da LOSU

O Presidente do Consello Social da UDC, Antonio Abril Abadín, e o Reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, acompañados polo Secretario do Consello Social, Jesús Spósito Prado, e o Secretario Xeral da UDC, Carlos Aymerich, mantiveron unha reunión de traballo para analizar o impacto que terá a nova Lei Orgánica do Sistema Universitario (LOSU) no funcionamento da UDC.

Durante a reunión, acordouse abrir canles de colaboración entre a Reitoría e o Consello Social para a necesaria revisión da normativa universitaria interna que será necesario acometer, prestando especial atención ao papel que lle corresponde desempeñar ao Consello Social como órgano de goberno da Universidade e tendo en conta, en particular, as novas competencias en materia de Compliance que atribúe a LOSU a este órgano.

O Presidente do Consello Social e o Reitor acordaron, ademais, aproveitar esta revisión da normativa interna da universidade para estudar fórmulas que permitan mellorar o modelo de transferencia de resultados da investigación na UDC e analizaron os retos que se lle expoñen á UDC a medio prazo.

 

Comparte este artículo

Arquivos