O uso de Chat GPT e outras aplicacións no mercado laboral centran o segundo taller de HumanIA UDC

O uso de Chat GPT e outras aplicacións no mercado laboral centran o segundo taller de HumanIA UDC

O segundo taller do ciclo formativo ‘HumanIA UDC: O desafío para as Humanidades en tempos da Intelixencia Artificial’, celebrado o xoves 9 de novembro, mantivo o éxito de participación alcanzado na primeira sesión xa que contou con máis de 100 asistentes que encheron a sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC). 

 Esta xornada, organizada polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña (UDC) en colaboración co CITIC, foi impartida por Paul Van Branteghem, experto en Intelixencia Artificial (IA) e fundador de Spain-IA. 

 Baixo o título ‘Chat GPT e outras aplicacións: casos de uso no mercado laboral’, o relator profundou na maneira en que a IA está a reconfigurar os postos de traballo en sectores relacionados coas humanidades e as ciencias sociais.  

Enxeñería de promts

 Ademais, Paul Van Branteghem facilitou a todos os asistentes varias ferramentas de IA para poder empregar en diferentes tarefas de calquera profesional e expuxo casos prácticos reais de aplicación. 

A enxeñería de prompts foi outros dos temas protagonistas do taller, no que explicou como poder optimizar os comandos nas distintas ferramentas IA para conseguir mellores resultados. Neste senso, Van Branteghem animou a todos os participantes a seguir formándose en Intelixencia Artificial e recomendou varios cursos e plataformas onde poder aprender e manterse actualizado das últimas novidades. 

 O ciclo formativo continuará en febreiro de 2024. Proximamente os novos talleres están na web: https://humaniaudc.com/ 

Comparte este artículo

Arquivos