Cristina Aranda, experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, e cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, foi a encargada de impartir ‘Perfís profesionais: Humanidades e IA’. Trátase do cuarto taller formativo de ‘HumanIA UDC: O desafío para as Humanidades en tempos da Intelixencia Artificial’, organizado por por o Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDC, en colaboración co Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e a Comunicación (CITIC).
O obxectivo desta serie de conferencias é profundar no potencial da Intelixencia Artificial nos estudos e postos de traballo relacionados co ámbito humanístico.
A experta en lingüística congregou a un gran número de asistentes que puideron coñecer novos aspectos da IA que desvelan a súa estreita relación coas humanidades, e é que un 80% dos datos que se producen son non estruturais, é dicir de natureza lingüística. “Esta porcentaxe fai imprescindible a cooperación entre perfís profesionais diversos do campo das Humanidades para desenvolver unha IA máis inclusiva, fiable e sobre todo, pensada para as persoas”, sinalou Cristina Aranda, que mostrou exemplos de ferramentas e de proxectos que poñen de manifesto a importancia de achegar unha visión máis humana á Intelixencia Artificial.
Jesús Spósito, secretario do Consello Social da UDC, abriu a xornada destacando “o compromiso das universidades co desenvolvemento de competencias profesionais que permitan aos estudantes adaptarse a unha contorna laboral en constante evolución”.
Pola súa banda, o Vicerreitor de Investigación, Jerónimo Puertas, explicou en que consiste o Proxecto ‘Campus Innova’, un polo de coñecemento de excelencia rexional, nacional e internacional na área das TIC e a súa hibridación con outras áreas de coñecemento, como son as Humanidades.
Manuel González Penedo. director do CITIC, indicou que “as Humanidades son unha pata máis da IA, e son fundamentais para a súa trasferencia á sociedade”.
Unha idea que quixo resaltar Manuela do Pilar Santos, Decana da Facultade de Humanidades e Documentación da UDC, resaltou que “non pode haber Intelixencia Artificial sen o respaldo dunha reflexión social, onde a toma de decisións ha de rexerse pola ética”.