O Consello Social da Universidade da Coruña organiza a xornada ‘Presente e Futuro da Industria Aeroespacial’, que se celebrará o vindeiro luns 29 de maio en Palexco.
O evento contará con dous protagonistas de excepción, os astronautas da Axencia Espacial Europea Pedro Duque Duque e Sara García Alonso, quen abordará a situación presente e futura da industria aeroespacial a través da súa traxectoria neste e outros sectores directamente vinculados coas vocacións STEM e a colaboración público-privada.
Desta forma, Duque será o encargado de abrir a xornada coa conferencia ‘O círculo virtuoso da ciencia e a innovación’, no que se tratará a relación que existe entre a investigación científica e a innovación, xerando un ciclo de avances e beneficios para a sociedade en xeral.
Pola súa banda, García Alonso dará a conferencia ‘Misións espaciais tripuladas no século XXI’, coa que achegará aos asistentes aos desafíos e oportunidades aos que se enfronta a exploración tripulada, tanto na actualidade como de fronte ao futuro.
O evento será inaugurado polo presidente do Consello Social da UDC, Antonio Abril Abadín, e polo reitor da universidade, Julio Abalde.
Inscricións Os interesados/as en asistir a este evento presencial, deben inscribirse antes do mércores 24 de maio nesta ligazón: https://consellosocial.udc.es/jornada-aeroespacial/