Presentación do documental ‘Profes’ en Madrid

Presentación do documental ‘Profes’ en Madrid

Expertos do mundo da educación e do ámbito empresarial reuníronse o pasado 3 de febreiro en Madrid para poñer en valor a figura do docente e da educación como impulsora de progreso e benestar social, a partir do documental Profes, nun cineforum organizado pola Asociación para el Progreso de la Dirección (APD), a Fundación Trilema e Human Age Institute,, ao que acudiron máis de 600 persoas.

O documental relata as historias de mestres en tres lugares tan distintos como España, Inglaterra e Guinea Ecuatorial, co fin de poñer en contraste diferentes prácticas docentes e amosar que, en realidade, o máis importante nunha escola é a calidade humana e o compromiso dos profesores cos seus alumnos.

Antes da proxección, profesionais de prestixio como o presidente do Consello Social da Universidade da Coruña, Antonio Abril Abadín, o filósofo e pedagogo José Antonio Marina; ou a asesora do Goberno Británico, Alison Peacock Bajo, participaron no coloquio ‘La Educación, prioridad para la agenda de España’, onde reivindicaron “unha visión global e lonxitudinal” da educación que vincule a escolas, institutos, universidades e empresas, e que traballe pola mellora da sociedade. Outra das conclusións extraídas deste encontro trata da necesidade de alcanzar un pacto pola educación, a reforma e a empregabilidade, “alleo a consideracións políticas”.

O largometraxe, centrado na figura do bo profesor, e en como o seu traballo pode cambiar a vida dos rapaces, vén enriquecer o debate político e social nun momento no que a educación gana protagonismo na axenda de España, o que favorece a reflexión da comunidade educativa, a administración, a empresa e a sociedade en xeral sobre as accións necesarias para a mellora do sistema educativo.

Comparte este artículo

Arquivos