O Pacto pola Ciencia e a Innovación foi presentado este martes 9 de febreiro polo ministro Pedro Duque, promotor desta iniciativa, á que se adhire a Conferencia de Consellos Sociais -da que forma parte o Consello Social da Unviersidade dá Coruña-, xunto a máis de 60 organizacións e entidades. Nesta presentación interveu, de maneira telemática, o presidente do Consello Social da UDC e da CCS, Antonio Abril Abadín.
O obxectivo do Pacto é asegurar o financiamento público en liña con outros países da Unión Europea, dotar de independencia e recursos ás axencias financiadoras de I+D+i, así como consolidar unha carreira investigadora e a incorporación de persoal científico nas empresas.
“Confiamos en que sumando o investimento público de todas as administracións e a das empresas innovadoras, seremos capaces de alcanzar ese 2% de Produto Interior Bruto en I+D+i cando termine a lexislatura, en 2024”, sostivo o ministro de Ciencia e Innovación. Pola súa banda, Antonio Abril Abadín, quixo deixar a seguinte mensaxe: “Pactos de Estado si, por favor. En ciencia, en investigación, e tamén en educación e en universidades. Todos temos que facer un esforzo“.
Para obter máis información sobre este acordo, podes clicar aquí. Tamoén podes ver a presentación completa no seguinte vídeo: