Presentado o ‘Estudo sobre competencias específicas no ensino tecnolóxico da UDC’
competencias-profesionales-udc-megasa

Presentado o ‘Estudo sobre competencias específicas no ensino tecnolóxico da UDC’

Presentouse o novo “Estudo sobre competencias específicas nos ensinos tecnolóxicos da UDC” na Vicerrectoría de Ferrol e Relacións Universidade-Empresa. O acto foi presidido polo presidente do Consello Social, Antonio Abril; o vicerreitor de Relacións Universidade-Empresa, Luís Barral; o director xerente de Megasa Siderúrxica, Carlos Gil Robles; e a directora do Observatorio Ocupacional, e responsable do estudo, María Jesús Freire Seoane.

O obxectivo do estudo é que a UDC coñeza as demandas e necesidades das empresas á hora de contratar a un titulado universitario, de maneira que se poida adecuar a súa formación a estes requirimentos empresariais.

Para esta análise foron entrevistados un total de 908 titulados en ensinos da área de Arquitectura, Informática ou Enxeñaría que finalizaron os seus estudos nos cursos 2005/2006 e 2007/2008. Tamén foi enquisada unha mostra de 296 empresas tecnolóxicas galegas co obxectivo de explicitar que competencias requiren dos seus traballadores. Entre as capacidades, habilidades e aptitudes dos estudantes que foron analizadas figuran as relacionadas co deseño, a organización, a construción, a informática ou mesmo os idiomas.

Entre as competencias máis requiridas polos empresarios figuran: o deseño e a construción de vehículos, o coñecemento de plataformas de programación, o manexo de programas de deseño asistido por computador, consultorías sobre sistemas de calidade ou sobre a xeración e transporte de enerxía eléctrica.

Comparte este artículo

Arquivos