Primeira edición do ‘Medical Entrepreneurship Lab’

O Consello Social da Universidade da Coruña, en colaboración co Colexio Oficial de Médicos da cidade, organiza os próximos 5 e 6 de maio a primeira edición do Medical Entrepreneurship Lab (MEL), que conta cun programa dedicado á innovación e ó emprendmento desde o ámbito médico.

Co obxectivo de potenciar o talento do persoal sanitario para a creación de solucións concretas que podan dar lugar á creación de startups, MEL inclúe a posta en común de diferentes experiencias e aprendizaxes no marco dun evento no que os participantes serán makers traballando baixo o lema “non o digo, fágoo”, en referencia ao ámbito da innovación.

A inauguración de MEL terá lugar o venres 5 de maio ás 18.00 horas na sede do Colexio Oficinal de Médicos da Coruña e contará coa participación do presidente do Colexio Oficial de Médicos da Coruña, Luciano Vidán, o director médico do CHUAC, Antón Fernández; o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde; e o presidente do Consello Social, Antonio Abril.

 

Arquivos