A Comisión Executiva do Consello Social da Universidade da Coruña, que se encarga da xestión ordinaria da súa actividade, reuniuse na tarde de onte para repasar asuntos da actualidade universitaria. En primeiro lugar, Antonio Abril detallou o Plan Operativo para 2015, facendo referencia ás actuacións e proxectos.
En segundo lugar, os directores de tres dos proxectos impulsados polo Consello Social realizaron unha breve exposición sobre o seu desenvolvemento. Así, os responsables de Espazo Compartido, o Proxecto CE10 e a Cátedra Inditex-UDC fixeron un balance de actuacións de 2014 e os seus proxectos para 2015.
Por último, o presidente do Consello Social presentou ante a Comisión Executiva as conclusións do informe ‘Inserción laboral dos estudantes universitarios’, elaborado con datos do Ministerio de Educación, a Seguridade Social, o Instituto Nacional de Estatística e a Conferencia dos Consellos Sociais das Universidades Españolas. Así mesmo, informou á Comisión Executiva das conclusións para a comunidade de Galicia do documento ‘“As universidades españolas. Unha perspectiva autonómica. 2014‘’, da Fundación CYD.